O Consorcio de Santiago convoca a primeira edición de subvencións en especie para a elaboración, por parte do Consorcio, dos proxectos técnicos para a realización de obras de mantemento e rehabilitación dos grandes monumentos do ámbito da Cidade Histórica de Santiago de Compostela incluido na listaxe de Patrimonio Mundial da UNESCO. Convocatoria 2026.
Que se subvenciona?
- Redacción da documentación de proxectos técnicos para a realización de obras de conservación ou melloras que sexan necesarias no inmoble ou do seu entorno natural ou paisaxístico.
- Dirección facultativa de obras correspondentes á documentación e redacción técnica anterior.
- Redacción do Plan de Mantemento do inmoble.
Que persoas poden beneficiarse?
- Persoas ou entidades, tanto públicas ou privadas sen ánimo de lucro, que ostenten a titularidade do inmoble.
- Persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen ánimo de lucro que acrediten unha cesión do inmoble durante 10 anos no momento de presentación da solicitude.
Cales son os requisitos dos inmobles?
- Localizarse no ámbito da Cidade Histórica de Santiago de Compostela incluido na lista de Patrimonio Mundial da UNESCO desde 1985 con número 347. Inclúese na listaxe o ámbito do Conxunto de Conxo, polo que o ámbito de actuación da convocatoria corresponde co Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago de Compostela, PE-1, e o ámbito do Conxunto de Conxo, PE-1R.
- Ter o seguinte nivel de catalogación:
- Nivel 1: Edificios monumentais e de valor excepcional, arquitectónico, histórico-artístico e cultural no PE-1.
- Nivel 2: Edificios de características singulares e de elevado valor arquitectónico, histórico ou cultural no PE1.
- Nivel 1 no PE-1R, o que inclúe atopa a Igrexa, Mosteiro e Hospital Psiquiátrico de Conxo, e os seus xardíns, hortas, accesos e núcleos da contorna.
- Estar destinados, polo menos por 10 anos a un uso característico, maioritario e preexistente ou proposto de oficinas clase III, docente, universitario, sanitario, asistencial, socio-cultural, relixioso, recreativo e administración pública e institucional, según o PE1.
Convocatoria
Convocatoria de subvencións en especie para a elaboración, por parte do Consorcio de Santiago, de proxectos técnicos para a realización de intervencións de rehabilitación e restauración de inmobles de valor histórico e patrimonial no termo municipal de Santiago de Compostela, correspondente ao ano 2026, publicada no Boletín Oficial do Estado nº 51 o 26 de febreiro de 2026.
Prazo
O praxo de presentación de solicitudes é ata o xoves 26 de marzo na sede electrónica do Consorcio de Santiago (https://www.consorciodesantiago.gob.es/carpetaciudadana/tramite.aspx?idtramite=24207) e no Rexistro do Consorcio de Santiago (Rúa do Vilar, 59, 981 57 47 00) ou por calquera dos medios admitidos na Lei do Réxime Xurídico e Procedemento Administrativo Común, facendo chegar por fax ao Consorcio ou por correo electrónico (gerencia@consorciodesantiago.org) o resgardo da solicitude o mesmo día da presentación. As persoas xurídicas están obrigadas a presentar a documentación a presentar a documentación a través de medios electrónicos. Tanto presencialmente como por vía telefónica atenderanse as consultas.
