Rehabilitación de monumentos 2020

Igrexa de San Caetano


Proxectoobras de mantemento da igrexa de San Caetano

Intervenciónrenovarase a pintura exterior das catro fachadas e do corpo central da igrexa. Ademais, realizarase unha limpeza da pedra da fachada principal co campanario e as esquinas. E levarase a cabo a renovación do tellado da esquina noroeste.


    

 

 

Capela de Santas Mariñas do Sar


Proxecto: obras de mantemento da capela de Santas Mariñas do Sar

Intervencióna actuación encamíñase á realización das tarefas de reconstrución do tellado, renovación da pintura das fachadas e renovación da drenaxe exterior dos muros. Ademais, modificarase a altura do pasamáns de subida na escaleira de acceso dende a rúa. E está previsto tamén restaurar o revestimento de madeira do muro á rúa e limpar o muro da fonte.

 

      



Igrexa de San Frutuoso

 

Proxecto: obras de mantemento da igrexa de San Frutuoso

Intervención: entre as actuacións que se van levar a cabo, destaca a intervención no tellado e a limpeza das fachadas e do campanario. Ademais, vaise suxeitar a espada que a estatua que representa a Prudencia leva na man esquerda. 


    

 

Capelas da igrexa de San Martiño Pinario

Proxecto: reparación das cubertas da igrexa de San Martiño Pinario

Intervención: o obxectivo principal desta actuación é evitar a entrada da auga da choiva cara ao interior dos muros das capelas da Nosa Señora do Socorro, Santa Catalina e Santa Escolástica. Intervirase nas súas cubertas, ao tempo que se realizará unha limpeza e rexuntado das súas fachadas e das fachadas da nave central da igrexa que son accesibles desde estas cubertas, xunto a outras obras menores.