Rehabilitación de monumentos 2017

Auditorio de Galicia


Proxecto: obras de mellora das condicións de uso do Auditorio de Galicia

Intervención: reforzouse a seguridade do edifcio fronte ao lume, en particular na sala Ángel Brage e no seu escenario e tamén na sala de exposicións. Ademais, actuouse nas galerías, afectadas pola humidade.


  



Igrexa de San Miguel dos Agros

 

Proxectorestauración do retablo da Virxe da Dolorosa.

Intervención: elimináronse as sales da superficie da pedra na parte baixa do conxunto, estabilizáronse os materiais que conforman o retablo -pedra e madeira, cos seus acabados correspondentes-, levouse a cabo a recuperación histórico-estética do conxunto e establecéronse unhas pautas axeitadas de conservación preventiva do ben. Así mesmo, revisáronse os elementos que constitúen o contorno da obra, como solos, cubertas, muros, sistema eléctrico…


     

 


Convento de Belvís


Proxecto: renovación de parte das carpinterías do convento.

Intervención: búscase evitar as humidades, que producen danos notables no conxunto do convento. As carpinterías atópanse na súa maior parte moi deterioradas, polo que cómpre a súa completa renovación. Algunhas delas presentan desencaixes ou roturas importantes, o que permite a entrada de auga e filtracións.


   


 

Pazo de Raxoi


Proxecto: mellora da eficiencia enerxética das fachadas do patio oeste do Pazo de Raxoi.

Intervención: o mal estado das carpinteirías e rexuntados da pedra favorece a perda de calor e a permanente humidade no interior das estancias, de xeito que se renovarán as carpinteirías e sanearase a fachada. Ademais, impermeabilizarase a terraza.




Colexiata de Sar


Proxecto: aplicación de revocadura de saneamento nos paramentos interiores do claustro da Colexiata de Sar.

Intervención: retirada e protección das pezas artísticas de cantería que hai no claustro de cara a avanzar nun programa expositivo para a súa posta en valor. Substitución da revocadura de cemento deteriorada por unha nova revocadura de saneamento e acabado final de pintura transpirable de silicato.


    



Igrexa de Santa Cristina de Fecha


Proxecto: obras de conservación da igrexa de Santa Cristina de Fecha

Intervención: a actuación centrarase no tellado, nas fachadas, na torre do campanario e no coro. Sanearanse as fachadas e a torre do campanario. Substituiranse as tellas da cuberta. E arranxarase a varanda do coro, que presenta problemas de mantemento e estabilidade, polo que se procederá á súa reparación e reforzo.


    



Igrexa de San Pedro de Busto


Proxecto: obras de conservación da igrexa de San Pedro de Busto

Intervención: a actuación centrarase no tellado, nas fachadas e na casa reitoral. Sanearanse as fachadas e a torre do campanario. Substituiranse as tellas da cuberta. E no edificio da casa reitoral a fábrica de pedra da esquina sueste está desmontada por efecto do vandalismo, de modo que se reconstruirá para recuperar o seu estado orixinal. 


      



Convento do Carme


Proxecto: limpeza e restauración do balcón do claustro do Convento do Carme

Intervención: o balcón do claustro do Convento do Carme presenta un avanzado estado de deterioración na súa estrutura portante, moi oxidada debido á acción dos axentes climatolóxicos, en particular a humidade e a chuvia. Así, o proceso de restauración do conxunto da balconada busca corrixir as deficiencias atopadas de cara a eliminar o risco de caída do lousado e mesmo das persoas. O pavimento de pedra granítica impermeabilizarase e a estrutura do balcón restaurarase nun taller.


    



Auditorio de Galicia


Proxecto: reparación de varias cubertas do Auditorio de Galicia

Intervención: búscase a eliminación das humidades procedentes das cubertas do edificio, xunto á revisión e reparación do sistema de recollida de augas pluviais.