Estatutos

A revitalización e a actualización do Real Padroado da Cidade de Santiago de Compostela, supuxo un paso decisivo na creación dun marco de encontro e coordinación das Administracións Públicas, materializado no Consorcio de Santiago.

O 28 de abril de 1992 na sesión constitutiva do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela apróbanse os seus Estatutos, os cales son modificados polos Consellos de Administración de data 11 de maio de 1998 e 7 de setembro de 1998, e ratificados polo tres Administracións constitutivas do mesmo. Ditas modificacións introducen como novidades máis relevantes a creación da Comisión Executiva como órgano de goberno e administración do Consorcio, que asume funcións de apoio ao Consello de Administración, o reforzamento da figura do Xerente e a inclusión de funcións de Intervención e Fiscalización internas que serán exercidas polo Interventor do Consorcio.

Documentos relacionados: