O Consorcio lamenta o falecemento de Manuel Santolaya, que fora xerente do Consorcio de Toledo

luns, 18 Xaneiro, 2021
O Consorcio de Santiago lamenta profundamente o falecemento de Manuel Santolaya Heredero, que fora xerente do Consorcio de Toledo durante os últimos doce anos.
 
Arquitecto e profesor de Historia, tiña unha ampla traxectoria en materia urbanística, arquitectónica e patrimonial. Foi o arquitecto responsable da ampliación das Cortes de Castilla-La Mancha, da Escuela de Hostelería de Toledo, ademais de elaborar o proxecto básico do Centro Rexional de TVE en Castilla-La Mancha.
 
Os Consorcios de Santiago e Toledo, e máis o de Cuenca, colaboramos a cotío compartindo experiencias e proxectos, labor sempre facilitada pola profesionalidade de Manuel, e, especialmente, polo seu carácter afable, bondadoso e cercano. Botarémolo moito de menos. DEP.