O Consorcio celebrou a súa Comisión Executiva

martes, 3 Marzo, 2020

O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Xosé A. Sánchez Bugallo. No transcurso da xuntanza aprobáronse varios asuntos de trámite administrativo, entre eles a habilitación dunha partida para reparar o muro da Selva Negra.