Axudas para a mellora dos locais comerciais da cidade histórica (prazo 28 de agosto)

luns, 30 Xullo, 2018

O Consorcio de Santiago ten en marcha unha nova convocatoria do programa “Localízate”, dirixido á rehabilitación dos locais comerciais da cidade histórica, por un importe global de 148.000 euros. Darase prioridade ás actividades de servizos, aos talleres artesanais e ao comercio de proximidade como motor económico. E a Oficina Técnica do Consorcio encargarase de redactar a documentación técnica das obras de pequena entidade. Ademais, como novidade desta convocatoria, os solicitantes non deben presentar licencia de actividade. O prazo para solicitar estas axudas remata o vindeiro 28 de agosto.

 

Máis información