O Consorcio de Santiago reúne a súa Comisión Executiva

mércores, 7 Maio, 2025

O Consorcio de Santiago celebrou este mércores 7 de maio a súa Comisión Executiva. A xuntanza estivo presidida pola alcaldesa da cidade e presidenta do organismo interadministrativo, Goretti Sanmartín, e tivo lugar na sede do Consorcio de Santiago no Pazo de Vaamonde.

 

Así mesmo, participaron pola Administración Xeral do Estado, Ángel Esteban Paul, inspector xeral do Ministerio de Facenda; pola Xunta de Galicia, Elvira Mª Casal García, secretaria xeral técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude; e en representación do Concello de Santiago de Compostela, os concelleiros Gonzalo Muíños Sánchez e María Rozas Pérez. Asistiron tamén á xuntanza José Manuel González García, vicesecretario do Concello de Santiago e secretario do Consorcio da cidade de Santiago de Compostela, Francisco Javier Ulloa Arias, interventor do Concello e responsable de control do Consorcio e José Antonio Domínguez Varela, xerente do Consorcio.

 

No transcurso da reunión tratáronse varios asuntos de trámite necesarios para o correcto funcionamento do organismo.