O Consorcio de Santiago celebra o seu Consello de Administración e Comisión Executiva

Consello de Administración Xullo 2025
xoves, 24 Xullo, 2025

O Consorcio de Santiago celebrou na tarde deste xoves a súa Comisión Executiva e o seu Consello de Administración. Ambas xuntanzas estiveron presididas pola alcaldesa da cidade e presidenta do organismo interadministrativo, Goretti Sanmartín, e tiveron lugar na sede do Consorcio de Santiago no Pazo de Vaamonde.

 

Así mesmo, participaron pola Administración Xeral do Estado, Rafael Guerra Posadas, subsecretario do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible e Ángel Esteban Paul, inspector xeral do Ministerio de Facenda; pola Xunta de Galicia, José López Campos, conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, Manuel Vila López, secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e Elvira Mª Casal García, secretaria xeral técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude; e en representación do Concello de Santiago de Compostela, os concelleiros Borja Verea Fraiz, Gumersindo Guinarte Cabada e María Rozas Pérez. Asistiron tamén a ambas xuntanzas José Manuel González García, secretario do Consorcio da cidade de Santiago de Compostela e José Antonio Domínguez Varela, xerente do Consorcio da cidade de Santiago de Compostela.

 

No transcurso das reunións aprobáronse as contas anuais do organismo correspondentes ao exercicio 2024, así como orzamento necesario para realizar á obra de restauración do hórreo situado na Finca de Vista Alegre, por importe de 17.165,52 euros.

 

Tamén se deu conta das bases reguladoras da subvención directa en especie do Consorcio de Santiago ao Concello de Santiago de Compostela para o mantemento e reparación dos pavimentos da cidade histórica nos exercicios de 2025, 2026 e 2027, o que permitirá investir arredor de 405.000,00 euros na conservación e mantemento dos seus enlousados, e dar así continuidade ao programa  “ A Pedra que Pisas”.

 

Ademais, entre outros asuntos de trámite administrativo, aprobouse a programación do curso 2025-2026 da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), que comezará en outono.