Características
251 páxinas / 29,5 X 20 cm.
Esta publicación ten como precedente o Plan Director do Conxunto de San Domingos de Bonaval, que levou aparellado un proceso de investigación e estudo exhaustivo do complexo construído, da súa realidade física e posibilidades de adaptación a novos requirimentos funcionais. Este traballo foi a ocasión para extraer toda unha serie de hipóteses documentadas na análise histórica que explican o seu proceso construtivo, e tamén o da cidade na que se asenta.
