Programa de Mantemento

 

O Consorcio de Santiago convoca regularmente axudas destinadas a obras de mantemento en edificios do centro histórico. Convocatorias en 2006, 2009, 2012, 2013 e 2017.

 

¿Que se subvenciona?

-Obras de mantemento da envolvente exterior, tales como fachadas exteriores ou patios interiores, cubertas, canlóns e baixantes, carpintarías e galerías de madeira, portas de entrada aos edificios e reixerías.

-Substitución dos canlóns e baixantes de pluviais deteriorados, así como gardacanos e conexión da instalación á rede xeneral.

-As obras de mellora da eficiencia enerxética do edificio relacionadas co mantemento da envolvente exterior.

-Aqueles custos adicionais e indispensables para a realización das obras indicadas neste apartado, tales como a colocación de estadas.

-Os honorarios profesionais de redacción da documentación técnica e dirección da obra.


Beneficiarios

Propietarios, arrendatarios ou titulares dalgún dereito de uso sobre o inmoble.

 

Requisitos do inmoble

Estar dentro do ámbito do Plan Especial da Cidade Histórica.

Uso principal vivenda.

Antigüidade superior a 10 anos.

Condicións suficientes de seguridade estrutural e estanqueidade fronte á choiva.


Contía da subvención

40% do orzamento máximo subvencionable

 

 

Convocatoria de axudas para o programa “Ter é Manter” 2017, dirixido ao mantemento e mellora da eficiencia enerxética da envolvente exterior dos inmobles da Cidade Histórica de Santiago de Compostela, publicada no BOE nº 228 de 21 de setembro de 2017.

 

http://www.pap.minhafp.gob.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/362459

 

O prazo para solicitalas é ata o luns 23 de outubro de 2017, ás 14.00 horas no Rexistro do Consorcio de Santiago (Rúa do Vilar, 59. Tel. 981 57 47 00) ou por calquera dos medios admitidos na Lei de Réxime Xurídico e Procedemento Administrativo Común, facendo chegar por fax ao Consorcio (Fax: 981 57 47 50) o resgardo da solicitude. 

 

Convocatorias anteriores: